Que ofrecemos?

Información, Respostas, Ideas e Solucións


En Quadernas Consultoría ofrecemos aos nosos clientes solucións, respostas, ideas e información para os seus problemas, así como orientación e asesoramento sobre os aspectos que lle convén analizar e coñecer, a quen hai que preguntar e as ferramentas que hai que empregar.

 

Poñemos á súa disposición o sistema IRIS:

  • Información sobre a súa situación de partida e a evolución posterior
  • Respostas para as preguntas sobre os seus clientes ou os seus competidores
  • Ideas para mellorar o seu funcionamento e os seus servizos
  • Solucións para os problemas que se lle poidan presentar.

Cando aceptamos un proxecto, facémolo noso. Poñémonos na situación dos nosos clientes e formulámonos as mesmas cuestións:
→ Que aspectos convén analizar e coñecer?
→ Cales son as posibles fontes desa información?
→ Que ferramentas son as máis axeitadas para conseguila?
→ E finalmente: Como organizar eses datos a fin de optimizar ao máximo a información recollida?

Podemos xerar a información dende o principio, con enquisas, grupos de discusión ou entrevistas en profundidade.

Ou buscala en fontes secundarias para recompilar, sistematizar e redactar esa Información, esas Respostas, Ideas e Solucións no correspondente informe de diagnose e plan estratéxico de actuación.