Como traballamos?

Compromiso persoal con cada cliente, implicación en cada proxecto


O noso principal obxectivo é a plena satisfacción dos nosos clientes, por iso apostamos por un método de traballo “artesanal”, feito a medida, orientado e adaptado as necesidades específicas de cada cliente, que nos dá fortes vantaxes competitivas: a proximidade, o compromiso persoal e a dedicación exhaustiva. Isto tradúcese nun intenso control de calidade dende o comezo ata o final do proxecto.

 


A filosofía empresarial de Quadernas Consultoría vertébrase en torno a tres valores ou principios fundamentais:

1COMPROMISO. Cando traballamos nun proxecto non só estamos a poñer en xogo a imaxe da nosa empresa, senón fundamentalmente a nosa palabra e compromiso persoal co cliente. Gústanos facer nosos os seus problemas e, por iso implicámonos nos proxectos intensamente, de principio a fin. E iso nótase no produto final.

2CALIDADE. En cada proxecto que aceptamos levamos a cabo unha coordinación directa co cliente durante todo o proceso, asegurándonos de que o equipo técnico implicado coñeza en todo momento as súa indicacións, medrando e aprendendo con él, e realizando un exhaustivo control de calidade tanto do proceso como do produto final.

3HONESTIDADE. Sempre lle ofrecemos ao cliente exactamente o que necesita, nin máis nin menos, e do xeito máis económico e rápido. Así é como nos gustaría que nos tratasen a nós.

 

← Que ofrecemos