Quen somos?

Unha consultora “artesanal” que se adecúa as súas necesidades

Quadernas Consultoría é unha empresa con sede en Santiago de Compostela dedicada á Investigación Social e de Mercado, tanto no ámbito público como no privado. Contamos cunha posición afianzada dentro do noso sector, avalada por máis dunha década de experiencia.

 

Os nosos principais valores son a orientación ao cliente, o compromiso persoal con cada proxecto e un equipo de profesionais das ciencias políticas e a socioloxía con probada experiencia e solvencia técnica para ofrecer en cada proxecto as solucións, a información, as respostas e as ideas máis axeitadas ás necesidades dos nosos clientes.

 

Que ofrecemos →